O empresario Ramiro Carregal segue coa súa aposta pola vela

 SANTIAGO> O Hostal dos Reis Católicos acollía a presentación das dúas regatas patrocinadas grupo empresarial Frinsa: a XIV Regata Faro de Corrubedo e a XIII Regata Frinsa-Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey.

{flowplayer}barbanza/presentacionregatasfrinsa13.flv{/flowplayer}

O Hostal dos Reis Católicos acollía a dobre presentación das regatas patrocinadas polo grupo conserveiro Frinsa. Entre os asistentes, o seu presidente, Ramiro Carregal, o principal valedor destas dúas probas que organizan os náuticos de Ribeira e Portosín e que contan coa colaboración da Federación Galega de Vela.

XIV Regata Faro de Corrubedo

A primeira regata en disputarse será este ano a Ramiro Carregal-Faro de Corrubedo que este ano chega a súa decimo cuarta edición. A cita, que terá lugar os días 18 e 19 de maio, segue a manter un atractivo percorrido, con dúas probas a celebrar no interior da Ría de Muros-Noia.

XIII Regata Frinsa-Trofeo Ramiro Carregal Rey

A outra das regatas presentadas foi a Frinsa-Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey que acada este ano a súa décimo terceira edición. Terá lugar o día 15 de xuño, con saída dende o porto deportivo de Ribeira, e consistirá nunha única proba pola ría de Arousa.

Alta participación

A inscrición en ambas regatas xa están aberta. A organización das dúas probas agarda unha alta participación, dado o seu elevado prestixio, tanto social coma deportivo, con embarcacións chegadas dende diferentes clubs náuticos da zona.

Redacción Barbanza