Concello e cooperativas darán postos de traballo na agricultura

     CAMBADOS> O concello conseguíu á cesión duns terreos inutilizados. Horsal e Hortumia comprarán o productos e ofrecerán apoio técnico.

    {flowplayer}images/salnes/AragundeEmprego_030513.flv{/flowplayer} 

    Varios factores únense neste caso para a creación de emprego no sector da agricultura, no Salnés. Por unha banda as cooperativas agrarias precisan precisan maior cantidade de materia prima, porque así llo demanda o mercado. A iso únese que na comarca atópanse moitas fincas abandonadas, sen traballar e que poderían ser productivas. Grazas á mediación do concello de Cambados dúas familias cederán os seus terreos durante dous anos, case 16.000 metros cadrados para que sexan explotadas.

    As cooperativas Horsal e Hortumia comprométense a dar apoio técnico e comprar toda a producción.

    A selección das persoas que queiran optar a estes novos postos de traballo farase dende o concello de Cambados, onde se ten que facer a solicitude. Alí estudiarase caso por caso, atendendo fundamentalmente a criterios económicos, para comprobrar que persoas son as máis axeitadas e necesitadas.

    Dende o concello aseguran que poranse en contacto con máis propietarios de aquí en diante para xerar así máis postos de traballo.

    Redacción Salnés