PSOE e BNG manteñen o mutismo sobre as negociacións

    PONTEVEDRA > Nin PSOE nin BNG soltan prenda sobre as negociacións que manteñen abertas para formar goberno no Concello de Pontevedra. O alcalde en funcións, o nacionalista Miguel Fernández Lores, lembrou que existe un compromiso de ambas partes para non falar e dixo que este venres se volverán a reunir.

    lores_casal_300_060607.jpgContinúan as conversas entre socialistas e nacionalistas para formar goberno en Pontevedra. O martes pola tarde xuntáronse na sede do PSOE durante hora e media e cos mesmos interlocutores de sempre: Teresa Casal, Antón Louro e Margarita Castejón pola banda dos socialistas, e por parte do BNG Miguel Anxo Fernández Lores, Cesáreo Mosquera e Raimundo González.

    Todos quedaron emprazados para continuar as conversas o vindeiro venres, ás dez da mañá na sede do Bloque. No momento no que anunciaba o vindeiro encontro Lores atopábase acompañado do presidente da Deputación Rafael Louzán e da portavoz do grupo municipal do PP Teresa Pedrosa. Os populares apuráronse a lembrar que Telmo Martín foi o gañador das Municipais. En canto ó futuro da Deputación, Louzán emprazou calquera decisión ata despois dos plenos de investidura, o vindeiro día 16.

    Redacción Salnés