Extrugasa pide maior intermodalidade ó Porto vilagarcián

     VALGA> Os grandes empresarios das Rías Baixas precisan dunha maior intermodalidade no transporte de mercancías para poder aforrar…

    {flowplayer}images/salnes/visita_porto_extrugasa.flv{/flowplayer}

     … custes na súa producción e ser quen de competir no mercado global. Esta foi a principal petición que lle trasladaba esta mañá o Presidente de Extrugasa, Andrés Quintá, á Presidenta do Porto de Vilagarcía, na súa visita ás instalacións que o grupo Quintá ten en Valga. Extrugasa é un dos grandes clientes da rada vilagarciá de onde trae a bauxita, pero precisa amais da inminente chegada do tren a estes peiraos para poder aforrar custes nas súas exportacións; e poder así facer fronte ás grandes ameazas do mercado global.

     E é que como en case tódolos sectores China estase a converter nunha das grandes ameazas así como outros países do eido árabe. Nacións cas que é difícil competir sen un apoio decidido ás exportacións desde as administracións públicas, segundo concretou Quintá. O único que lles queda é seguir apostando pola calidade que priman nos países máis industrializados de occidente.

    Tras visitar as instalacións do Grupo Quintá en Valga, onde traballan directamente arestora unhas 400 persoas, a Presidenta da Autoridade Portuaria anunciou a chegada do tren ó peirao de Ferrazo a finais deste verán. Desde o Porto Vilagarciá garanten que a chegada do tren á Ferrazo non suporá ningún perigo para a poboación e apenas algunha molestia na circulación. Uns pequenos inconvintes que pagan a pena, e mais nestes tempos, dados os resultados directos que vai a ter na dinamización do tecido industrial e económico da contorna.

    Redacción Salnés