Vilanova comeza os traballos de reforma da casa da cultura de Corón

VILANOVA> En Vilanova comezaron as obras de reforma da casa da cultura de Mouriño, na parroquia de Corón. Os traballos mellorarán por completo o inmoble, tanto no exterior como no interior. A previsión é que volva estar en uso en menos de dous meses.

O concello de Vilanova accedeu a unha vella demanda dos veciños da parroquia de Corón, e especialmente da asociación de familias rurais de Vista Real, a restauración da casa da cultura de Mouriño. As instalacións atopábanse en mal estado tanto na súa fachada exterior como no interior do inmoble. Os traballos de mellora xa están en marcha.

A reforma será integral.

Para os máis de 250 usuarios semanais que utilizan as instalacións, a reforma é moi importante.

A casa da cultura conta cun parque infantil, unha biblioteca e un salón de actos entre outros servizos, coa reforma engadiráselle unha oficina e vestiarios. A reforma estará rematada en menos de dous meses.