A DXT crea unha unidade de asesoramento tralos sinistros de tráfico

     PONTEVEDRA> O número de víctimas nas estradas da Provincia de Pontevedra descendeu na última década a máis da metade,…

    {flowplayer}images/salnes/balance_seguridade_viaria_090513.flv{/flowplayer}

     … malia que o número de conductores se incrementou en setenta mil e o parque de vehículos en 100.000 máis; unhas cifras record de descenso de mortandade desde que contamos con estatísticas. Unha tendencia á baixa que se constata tamén a nivel autonómico no último ano, cun descenso das mortes en estrada do 19 %. Por sectores cabe congratularse do descenso nos accidentes mortais dos motociclistas debido, sobre todo, a alta concienciación que existe no uso do casco amais doutras accións como foi o establecemento do permiso de conducción de motos por tramos. En troques, o número de atropelos mortais de peóns segue a ser preocupante, especialmente entre a poboación de maior idade e no ámbito rural.

    En base a estes datos, unha vez pasado o verán, a Administración porá en marcha unha campaña de concienciación específica na que se impartirán charlas informativas e se repartirán uns vinte mil chaleques reflectintes. Este balance positivo débense á conxunción dunha serie de factores: desde as campañas de sensibilización ata ás de vixilancia; pasando pola instalación do carné por puntos.

    O número de denuncias nesta provincia Atlántica durante o ano pasado supera as 64.600; sobre todo por mor do exceso de velocidade. Destas denuncias, unhas 1.507 foron consideradas como delictos tralo cambio da normativa en materia de tráfico; a meirande parte delas por mesturar a inxesta de alcol ca conducción.

    Ás medidas de concienciación, prevención e vixilancia, a DXT ven a sumar a creación dunha Unidade de Víctimas de Accidentes de Tráfico que, tamén a nivel provincial, asesorará e informará as víctimas de accidentes de tráfico e ós seus familiares. Este novo servicio está xa dispoñible no número de teléfono 060; na web da DXT, dgt.es; ou no correo electrónico abdieguez@dgt.es .

    Redacción Salnés