O desacordo político frea a ampliación de cursos na Escola Náutica

     RIBEIRA> PP e PSOE seguen sen poñerse de acordo na proposta para incluír os cursos complementarios como parte da oferta da Escola Náutico Pesqueira de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/psoecursosescolanauticaribeira.flv{/flowplayer}
     
    Os alumnos da Escola Náutica de Ribeira levan meses demandando que se impartan no centro os cursos de formación complementaria para as titulacións de ponte e máquinas.
     
    En total son 140 os estudantes destes ciclos que non poden realizar os cursos complementarios ante a falla de persoal; unha situación que consideran discriminatoria en relación cos alumnso das escolas de Vigo ou ferrol que si contan con esta oferta formativa.
     
    Malia que existe vontade por parte das administracións para implantar estes cursos, o certo é que o desacordo entre PP e PSOE mantén paralizada a busca dunha solución. Esta semana debateuse no parlamento unha iniciativa presentada polos socialistas á que os populares presentaron unha emenda que previamente fora aprobada no concello de Ribeira. Sen embargo, outras corporacións da comarca como Pobra, Rianxo ou Lousame aprobaron de xeito unánime o texto proposto polo PSOE.
     
    Así as cousas, as dúas formacións deberán achegar posturas para conseguir un acordo que garanta a formación dos alumnos ribeirenses en igualdade de condicións. Nos próximos días está prevista unha reunión con representantes da Consellería para plantexar as distintas posibilidades.
     
    Redacción Barbanza