O GROVE> Vanse quentando motores para o que será a VI Concentración Internacional de Motos. Aínda faltan dous meses para que se celebre, será na primeira semana de xullo, pero dende o Sentolos Racing, que é o club organizador, agardan poder superar o número de participantes do ano anterior. Iso si, contan coa desvantaxe de que os mesmos días celébrase outro evento deste tipo en Marín.
{flowplayer}images/salnes/EntrevistaMotos_090513.flv{/flowplayer}
Malia ós tempos de crise que corren dende o Sentolos Racing contan que a súa concentración moteira siga medrando. Esta será a sexta edición, a terceira desde que foi retomada en 2011 tras un parón de tres anos, nos que non se celebraou. En 2012 participaron neste evento máis de 1.500 motos. Este verán van ter complicado superar este número xa que o club Moteros do Morrazo organiza nas mesmas datas outra concentración en Marín. Algo que non sentou nada ben no seo de Sentolos nin tampouco na gran maioría de cubes da zona.
A pesar destes problemas o evento contará como sempre cun amplo número de actividades. Ademais, este ano a concentración será de tres días, o 5, 6 e 7 de xullo e non de dous como en edicións pasadas. A praza do Corgo volverá a ser o epicentro.
Polas datas nas que se celebra este evento conta cun gran apoio tanto das institucións coma da sociedade meca, que ve na concentración moteira unha boa oportunidade para facer ingresos no municipio nunha primeira fin de semana de xullo que soe ser máis frouxa no que a turismo se refire.
A Yamandú e o resto de integrantes do Sen Tolos quédanlle dous meses a todo gas para ultimar detalles organizativos desta VI Concentración Moteira de O Grove.
Redacción Salnés