O FDN prevé manter o nivel de público de pasadas edicións

     VILAGARCÍA> O Festival do Norte recalará na capital arousá os días 17 e 18 de maio con grupos de renome como Dorian, We are Standard ou Dover.

    {flowplayer}images/salnes/PtacFestivaldoNorte_100513.flv{/flowplayer} 

    Como cada primavera recala en Vilagarcía o Festival do Norte, que sobrevive malia crise que afecta se cadra de xeito máis profundo a eventos de este estilo.

    O festival conta este ano cun orzamento de 380.000 euros. Estrella Galicia volve a ser o principal patrocinador privado. Ademais, contan coas achegas de Deputación e Concello por vía pública. Tanto Begoña Estévez como o alcalde Tomás Fole incidiron na importancia de non deixar morrer eventos deste tipo. 

    As actividades do festival prolongaranse durante tres días, do 16 ó 18 de maio. Arrancarán o xoves cun 'disco forum' no que participarán entre outros Miqui Puig; faranse visitas guiadas polo recinto, camerinos e backstage para alumnos dos institutos da comarca e levarase a cabo unha sesión vermú, con música en acústico para toda a familia.

    Os pratos fortes quedan para venres e sábado. O día 17, actuarán no escenario Estrella Galicia Dorian, Triángulo de Amor Bizarro, La Habitación Roja, Xoel López, The Primitives e Guadalupe Plata. Para o sábado están programadas as actuacións de We Are Standard, Dover, Toy, Delafé y Las Flores Azules, Delorentos e Estereotypo. Habilitaranse outros dous escenarios nos que actuarán clásicos galegos como Aerolíneas Federales e Novedades Carminha e a carpa Dance Club no que pincharán varios DJ’s.

    No día de hoxe xa se comezaran os traballos en Fexdega para habilitalo de cara ó comezo o venres deste Festival do Norte. A organización agarda que máis de 8.000 persoas poidan pasar polo recinto cada un dos dous días de concertos.

    Redacción Salnés