![]()
POBRA> Os tres proxectos, incluidos no POS 2013 da Deputación da Coruña, ascenden a preto dos 106 mil euros.
{flowplayer}barbanza/obraspobraposmaio13.flv{/flowplayer}
Trátase do saneamento no paseo Párroco Luís Castelao, no lugar de Tarrío e dende a Ponte de San António ata a Silva. As tres actuacións ascenden a preto dos 106 mil euros e seguen a liña marcada dende hai anos polo equipo de goberno de cara á consecución do tan ansiado saneamento integral do concello.
En execución
O executivo pobrense informou tamén da boa marcha doutra actuación que se está a desenvolver grazas a un convenio asinado co organismo provincial, como é a instalación da rede de sumidoiros na Travesía Luís Seoane por un importe de 114 mil euros.
Foso remo
Nas próximas semanas está previsto tamén o inicio das obras de construción do foso de remo no edificio de usos náuticos cun investimento tatal de 55 mil euros que se financiará tamén con cargo a unha subvención da Deputación coruñesa.
Redacción Barbanza









