Centos de persoas maniféstanse en contra da LOMCE

     PONTEVEDRA> A maior parte dos alumnos, pais e nais, profesores e sindicatos coinciden na súa oposición frontal á nova Lei de Educación

    {flowplayer}images/salnes/protesta_lomce_090513.flv{/flowplayer}

    … que propón o Ministerio de Cultura, Educación e Deporte. O anteproxecto da LOMCE encontrou hoxe nas rúas unha forte contestación social nestes intres nos que se encontra na súa fase de tramitación parlamentaria. Segundo os datos que ven de aportar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o seguimento da folga a nivel autonómico non superou o 17.9 %; sendo secundado só por menos dun 2 % nos centros de educación concertada. Por provincias, no ensino público na Coruña o seguimento foi do 21.7 % e en Pontevedra do 19.1 % ; namentres que na concertada foi secundada por apenas un 2 % na Coruña e un 1,8 % en Pontevedra.

    Uns datos que non coinciden nin de lonxe cos aportados polos sindicatos e plataformas convocantes que cifran a asistencia a folga en torno ó 90 %. Na Cidade de Pontevedra, á que corresponden estas imaxes, o Executivo local apunta a que o seguimento da folga foi do 70 % no profesorado e do 74 % no alumnado. Por colexios, nesta Capital de provincia o colexio con maior incidencia no profesorado foi Barcelos, cun 87% dos docentes en paro. A menor repercusión produciuse en Vilaverde (Mourente) cun 20%. En canto aos estudantes, as cifras oscilan entre o 93% do colexio de Santo André de Xeve e o 59% de Campolongo.

     Sexa como fora, esta é a terceira folga de educación que hai no noso país en menos dun ano. Unhas mobilizacións que os propios asistentes non saben se van a servir de algo.

    Con todo, a mensaxe da cidadanía é clara en contra desta LOMCE. Os manifestantes aseguran que vai a supoñer unha importante merma na calidade educativa, especialmente para as clases máis desfavorecidas. En Pontevedra a manifestación partiu da Praza da Ferrería, e logo dun percorrido polas principais rúas do centro urbán, rematou ca lectura dun manifesto diante da Subdelegación do Goberno en Galicia. O Subdelegado non ampliaba nada novo na súa valoración da mesma.

    A estas horas xa se escoitan as posibles repercusións da xornada de hoxe. O anteproxecto de Lei, arestora en fase de debate parlamentario, podería non aprobarse no Consello de Ministros de mañá; o que daría unha tregua para afondar o debate da mesma.

    Redacción Salnés