RIANXO> A portavoz nacional do BNG desprazouse esta mañá ata Rianxo para visitar a empresa D-Due, acompañada do candidato á alcaldía, Xusto Ordóñez. Elixiron esta firma por constituír o mellor exemplo da aposta pola produción local con proxección internacional.
A empresa D-Due, constituída en 1960, é na actualidade unha das firmas galegas con maior presenza a nivel internacional. dende a súa factoría de Asados exporta moda a gran parte do mundo, especialmente ó mercado asiático sen renunciar á produción local.
Para os nacionalistas constitúe o mellor exemplo do pulo económico que está a vivir Rianxo, exemplificado tamén no forte despegue que experimentou o polígono industrial durante o útlimo mandato.
Por esta razón, os nacionalistas animan á veciñanza a seguir apostando polo BNG para continuar co proxecto iniciado nos últimos anos para construír un Rianxo mellor.