POIO> Ángel Moldes, voceiro dos populares, critica ó goberno local por non sacar adiante o proxecto de ampliación do camposanto de San Xoan, polo que levan agardando oito anos.
{flowplayer}images/salnes/DenunciaPPPoio_090513.flv{/flowplayer}
Segundo o voceiro dos populares poieses trátase dunha das actuacións máis demandadas polos veciños. Foron moitos os que nos últimos anos deixaron espacio no seu panteón para que amigos e coñecidos depositasen os restos mortais dos seus seres queridos. Agora, cando precisan dese espacio, atópanse sen el. No PP aseguran que o proxecto de ampliación do cemiterio leva enriba da mesa oito anos.
Ángel Moldes sinala que o problema para levar a cabo a obra de ampliación non é económico, xa que segundo o goberno local sería unha actuación que se autofinanciaría. Os cartos que se invirtan no terreo e nos nichos, recupéranse logo a través da venta destes espazos a particulares.
Despois de levar o tema a pleno en varias ocasións, avisan que no do mes de maio volverán a preguntar ó alcalde Luciano Sobral pola situación deste proxecto. De levarse a cabo a ampliación, o cemiterio de San Xoán pasaría a dispoñer duns 1.000 metros cadrados e 300 nichos, amais dos actuais.
Redacción Salnés