O BNG reclama novamente melloras no hospital da Barbanza

     BARBANZA> Os nacionalistas piden o reforzo das especialidades de radioloxía e fisioterapia, dúas áreas actualmente masificadas e con escaso persoal, así como tamén a creación da categoría de celador.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzaradioloxiafisioterapia.flv{/flowplayer}

    Non é un problema novo. Dende hai tempo o BNG do Barbanza vén amosando a súa preocupación pola situación do hospital da Barbanza, que agora coas políticas de recortes e privatizacións da Xunta se pode ver aínda máis agravada. Os nacionalistas recollen tamén a preocupación, tanto do persoal do centro hospitalario coma da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica do Barbanza, que temen pola merma da calidade asistencial ós veciños da comarca.

    Nulo investimento

    A deputada Ana Pontón referiuse ó nulo investimento por parte do Goberno Galego nestes dous últimos anos. Segundo ela é problemática a situación que se dá en áreas como a de radioloxía e rehabilitación e fisioterapia. Tamén piden a ampliación dos servizos de urxencia e laboratorio.

    Praza celadores

    Dende as filas nacionalistas volven a reclamar unha vella demanda deste centro hospitalario, a creación da categoría de celador.

    Redacción Barbanza