A ETAP de Padrón podería abastecer zonas de Vilagarcía e O Son

     PADRÓN> A Xunta de Galicia está a estudar a posibilidade de ampliar o abastecemento de auga dende a estación de tratamento de auga de Padrón a outros concellos como Vilagarcía ou Porto do Son.
     

    {flowplayer}barbanza/conselleiroetappadron.flv{/flowplayer}
     
    Na actualidade, a estación de tratamento de auga potable de Carcacía, en Padrón, dá servizo ós nove concellos da marxe dereita da ría de Arousa. A Xunta estuda agora ampliar o abastecemento a parte dos concellos de Vilagarcía e Porto do Son.
     
    Este sistema de abastecemento é un dos nove que funcionan en Galicia e o único que xestiona directamente a Xunta.
     
    Hernández puxo esta instalación como exemplo de xestión compartida e eficiente dos recursos hidráulicos.
     
    Redacción Barbanza