Afectados pola ampliación de Xarás propoñen unha alternativa con menor afección

    RIBEIRA> Os veciños da zona da Carballa opóñense á ampliación do polígono de Xarás pola zona de Cudieiros. Ante esta opción, plantexada polo goberno, propoñen unha alternativa nuns terreos próximos cunha menor afección paisaxística e sen núcleos de poboación próximos. O estudo técnico elaborado polo concello de Ribeira para a ampliación do polígono de Xarás determinou como única alternativa viable a súa execución da zona da Carballa e Cudieiros. A resposta dos veciños non se fixo agardar amosando a súa total oposición ó proxecto que afectaría a catro núcleos de poboación. Este martes, unha representación dos afectados mantivoun encontro co alcalde, no que lle propuxeron unha opción alternativa, con moita menor afección ambiental, paisaxística e poboacionl pero igualmente ben comunicada coa autovía e colindante coa reserva de chan dotacional incluída no plan sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais da Xunta, onde no seu día se proxectara o macropoligono comarcal. Ademais da reunión co rexedor, os veciños están mantendo xuntanzas con tódalas formacións políticas representadas no concello. Agardan que a corporación estude e recolla as súas demandas xa que, se ben apoian o incremento da dotación de chan industrial non entenden que se faga a costa da calidade de vida dos veciños.