Polémica a tres bandas no Autonómico de Pesca Submarina

     SANXENXO> A falta de entendemento entre Confraría, Federación e Consellería puido desencadenar unha traxedia.

    {flowplayer}images/salnes/ProblemasPescaDeportiva_130513.flv{/flowplayer} 

    A disputa do Campionato Galego de Pesca Submarina en Sanxenxo traerá cola. O problema: a falta de entendemento entre a organizadora do evento, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, a Confraría de Pescadores e a Consellría do Mar.

    Segundo a parte dos deportistas contaban con tódolos papeis en regra e permisos da Xunta para celebrar o evento na zona costeira de Sanxenxo. Os pescadores afirman que lles foi comunicado que se ía celebrar o evento pero non que debían suspender a actividade. E é que o risco que corren os submarinistas de engacharse nas redes ou nalgún aparello de pesca é moi alto. Dende a Confraría quéixanse de non ser informados e de acatar ordes de quen non debían dalas.

    Mentres dende a Federación apuntan que un mariñeiro fixo caso omiso ás súas indicacións aínda cando lle advertiron de que podía poñer a vida dos deportistas en perigo e despois de que os gardacostas lle esixiran que volvese a porto. 

    Se ben dende a federación esixen responsabilidades ós pescadores, dende a Confraría de Sanxenxo apuntan á Consellería pedíndolle que medie neste tipo de conflicto, porque ó final, o mar é de todos.

    Redacción Salnés