O acordo UE-Tailanda podería supor un serio revés para a conserva galega

     BARBANZA> O BNG interesarase no Congreso  polo acordo de libre comercio que negocia a Unión Europea co país asiático, principal produtor mundial de atún en lata.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzaconservastailandiamaio13.flv{/flowplayer}

    O BNG está preocupado polas negociacións que manteñen a Unión Europea e Tailandia para a consecución dun acordo de libre comercio con este país asiático. Os nacionalistas consideran que a eliminación dos aranceis que gravan a importación das conservas de atún, como acontecera xa anteriormente con Papúa-Nueva Guinez, poida supoñer un duro revés para o sector conserveiro galego, especialmente para a comarca onde este sector ten moita importancia, xa que Tailandia é o maior produtor e exportador mundial de atún en lata.

    Competencia desleal

    Os nacionalistas recollen tamén o malestar da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas por este asunto, que xa se ten dirixido ó Ministro de Agricultura para interesarse por este tema. Para Rosana Pérez de aprobarse este acordo daríase un caso claro de competencia desleal, ó producir con costes máis baixos, sen esquecer tampouco que non sempre se cumpren as normativas en materia sanitaria .

    Entre outras cuestións os nacionalistas pregúntanlle ó Goberno Central cales son as xestións que está a realizar para defender o sector da conserva galega da que dependen de xeito directo uns once mil postos de traballo.

    Redacción Barbanza