Deteñen ó ‘Nigeria’ tras permanecer varias horas atrincheirado nunha vivenda

    POBRA> A Garda Civil procedeu á detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra. O home permaneceu atrincheirado durante catro horas nunha vivenda no centro da vila, rodeada por efectivos da Garda Civil e a Policía Local. Finalmente, entregouse de xeito voluntario. A detención do Nigeria, un delincuente habitual da Pobra, causou unha grande expectación no centro da vila. Ó decatarse da presenza da Garda Civil, o home con iniciais R. S. G. agachouse na vivenda dun amigo situada nos xardíns Valle-Inclán. Alí permaneceu atrincheirado durante varias horas ata que acabou por entregarse voluntariamente. Un amigo do detido chamouno por teléfono e convenceuno para que falara cos axentes que finalmente lograron que depuxera a súa actitude. A detención produciuse pasada a unha do mediodía cando as numerosas terrazas da praza estaban ateigadas de persoas que seguiron atentamente o operativo policial. Entre eles, numerosos veciños da zona, coñecedores do amplo historial delictivo do detido, polo que non dubidaron en increpalo á súa saída da vivenda. A Garda Civil atribúelle a autoría dos numerosos roubos rexistrado nas últimas semanas en varios establecementos comerciais da vila.