BOIRO> O empate a uns en Mugardos lévaos 22 anos despois á categoría nacional pola que levan tempo loitando.
{flowplayer}barbanza/ascensoboiroaterceira.flv{/flowplayer}
Foi un día de celebracións. De festa e mesmo de emocións e rabia contida, despois de noventa minutos de disputa. O empate colleitado en Mugardos, un a un, posibilítalle ó Club Deportivo Boiro poder competir o ano que vén na Terceira División, categoría pola que levan suspirando nos últimos anos, nos que quedaron ás portas do ascenso. Ó final do partido desatouse a locura e no mesmo campo, xogadores, corpo técnico e afección, que en masa viaxou a terras ferrolás para acompañar ó equipo, celebraron a consecución do ansiado ascenso. Unhas imaxes que volveron a repetirse xa en Boiro, onde os agardaban tamén numerosos afeccionados e veciños que quixeron sumarse á festa.
Campionato de liga
Á falla dunha xornada os boirenses están empatado sa 70 puntos co Bertamiráns na segunda praza, pero o conxunto santiagués, ó que lle teñen gañado o gol average, deberá descansar na última xornada. Os boirenses xogaranse agora o título de campións da preferente norte co Grixoa que é agora primeiro con 71 puntos. O próximo domingo recibirán en Barraña ó descendido Páramo. O encontro de seguro será unha gran festa para a familia do Club Deportivo Boiro.
Redacción Barbanza