O veto á pesca de fondo tería un impacto de 816 millóns de euros na economía galega

BARBANZA> A Conselleira do Mar compareceu esta mañá no Parlamento para informar do grave impacto que a prohibición da pesca de fondo tería na economía galega. Rosa Quintana volveu insistir na necesidade de que o goberno central presente un recurso contra o regulamento. De non ser así, será a Xunta quen o faga.

A prohibición da pesca de fondo en 87 caladoiros de augas comunitarias tería un impacto sobre a economía galega de 816 millóns de euros. Así o expuxo a Conselleira do Mar en comparecencia parlamentaria.

Ese camiño pasaría ineludiblemente pola presentación dun recurso xudicial por parte do goberno central, que a Xunta xa ten solicitado formalmente ó executivo de Pedro Sánchez.

Dende o goberno autonómico insisten en que o recurso debe ir acompañado dunha solicitude de medidas cautelares para suspender a aplicación do regulamento que entra en vigor o día 9 de outubro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí