Portos mellorará as condicións de amarre da flota artesanal

     RIBEIRA> A mellora, que suporá un investimento nesta primeira fase duns 50 mil euros, podería estar rematada antes de dous meses.

    {flowplayer}barbanza/visitaportospantalansribeiramaio13.flv{/flowplayer}

    Acompañado do alcalde, Manuel Ruíz, e o patrón maior, José Antonio Pérez, José Juan Durán comprobou o estado no que se atopan actualmente os pantaláns pertencentes á terceira lista que agora serán obxecto de mellora. A actuación de Portos consistirá basicamente na instalación de novos fingers para que os mariñeiros poidan amarrar os seus barcos directamente ós pantaláns, sen ter que empregar trens de fondeo, como ata o de agora. A mellora suporá un investimento duns 50 mil euros.

    Reforzo da seguridade e maior comodidade para os mariñeiros

    Tanto o alcalde coma o patrón maior destacaron a importancia desta actuación co que se reforza a seguridade da flota artesanal, ademais de ser unha comodidade para os profesionais que desenvolve na diario a súa actividade no porto ribeirense.

    Redacción Barbanza