Cociña de Mercado con Javier Olleros

    showcookinggrove copia.jpg O GROVE> O restaurador do Culler de Pau, Javier Olleros, pechou o ciclo Cociña Mercando, co que a Deputación pretende incentivar as compras nos mercados municipais.

    {flowplayer}images/salnes/SHOWCOOKING_GROVE150513.flv{/flowplayer}

    Os clientes que esta mañá se achegaron polo mercado do Grove puideron asistir a unha clase maxistral de cociña a cargo dun dos cociñeiros do Grupo Nove. Javier Olleros, do Restaurante Culler de Pau, amosou ós asistentes como cociñar un plato sinxelo e nutritivo, a base de verduras, carne e peixe, ó que bautizou como ‘Cociña de mercado’. Unha receita fácil e con produtos ó alcance de calquera. Porque esta é a finalidade da iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra; incentivar a compra de víveres frescos mas prazas á vez que captar novos clientes.

    Olleros, que conta cunha Estrela Michelín, admitiu ser cliente asiduo deste mercado. Na calidade dos produtos que aquí se vende está parte do éxito da súa cociña. 

    Tanto esta como as receitas que cociñaron nas anteriores citas Xosé Cannas, Alberto González e Antonio Botana, poden consultarse nos tótems interactivos situados en prazas como as do Grove, Caldas, Portonovo ou Vilagarcía, ademais de na web mercadosmunicipais.depo.es.

    Redacción Salnés