A Deputación investirá 462 mil euros na mellora da estrada Boiro-Noia

     BARBANZA> A actuación súmase á mellora da seguridade viaria acometida tamén pola institución provincial o ano pasado cun orzamento de preto de 274 mil euros.

    {flowplayer}barbanza/mellorasestradaprovincialboironoia.flv{/flowplayer}

    No Boletín Oficial da Provincia publícase o anuncio de contratación das obras de asfaltado na estrada de titularidade provincial 1.105 que une os concellos de Noia e Boiro, ata o núcleo de Cabo de Cruz. A actuación era unha vella demanda dos múltiples usuarios deste vial para o que o organismo provincial destinará unha partida presupostaria de 462 mil euros. As obras, incluídas no Plan de Conservación de Vías Provinciais do ano 2011, podería estar licitada antes de que remate o mes de xuño, e virá a complementar a mellora da seguridade viaria nesta estrada realizadas ó longo do pasado ano coa construción de sendas peonís en Moimenta e en Comoxo.

    Outras actuacións

    A Deputación coruñesa, dentro do seu Plan de Conservación de Estradas, destinará tamén unha parte importante de fondos a mellorar aqueles viais máis danados durante este inverno, con actuacións en practicamente tódolos concellos da zona, cun investimento total de máis dun millón de euros. 195 mil irán á mellora de estradas en Mazaricos, Muros e Outes; 149 mil a Rianxo e Boiro e 265 mil á Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira.

    Redacción Barbanza