A música será a protagonista das propostas culturais de Boiro ata o domingo

Boiro será esta semana un auténtico fervedoiro cultural con actividades para tódolos públicos. A maior parte delas concentraranse no Pazo de Goiáns e terán a música como fío conductor.

Off

Ademais das numerosas actividades para público infantil con espectáculos de animación e cine ó aire libre, Boiro acollerá de aquí ó domingo unha ampla oferta cultural dos máis variados estilos. Entre as actuacións máis destacadas figura o concerto de Carlos Núñez que recalará mañá no Pazo de Goiáns, no marco da xira ‘Lugares Máxicos’.

Inserto María Outeiral

Como peche da semana, haberá tamén un concerto dunha orquestra filharmónica integrada por 17 músicos profesionais. Será o domingo ás sete e media no pazo de Goiáns.