O ICE reforza a posición de liderado da provincia da Coruña na actividade económica de Galicia

BARBANZA> O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou na presentación do Informe de Conxuntura Económica, o ICE, elaborado polo Club Financeiro Santiago, co patrocinio do organismo provincial.

Na súa intervención destacou  que o resultado do informa indícanos novamente que a provincia coruñesa segue a ser o motor económico de Galicia, ó concentrar o 44% do PIB galego e o 50% das exportacións.

O estudo, que pretende ser, segundo el, unha radiografía completa da realidade económica da provincia coruñesa, tanto a nivel comarcal como municipal, foi realizado por un equipo de investigadores composto por cinco expertos economistas e profesores da Universidade de Santiago.

O dito informe estrutúrase ademais en cinco bloques: territorio e recursos naturais; poboación; mercado de traballo; estrutura produtiva e sector público, prestando especial atención ás facendas locais e os gastos e ingresos municipais.