O Barbanza será protagonista na XII Volta á Coruña

 BARBANZA> A carreira, organizada pola Federación Galega de Ciclismo e co patrocinio da Deputación da Coruña, arrancará o vindeiro venres 24 de maio en Padrón.

{flowplayer}barbanza/12voltaciclistacorunha.flv{/flowplayer}

O salón de plenos do concello de Ribeira foi o escenario elixido para presentar unha nova edición, e xa van doce da Volta Ciclista á Coruña. Unha proba organizada pola Federación Galega de Ciclismo, co patrocinio da Deputación coruñesa, e a colaboración, nesta ocasión, dos concellos de Padrón, Negreira, Rois e Ribeira, que serán saída e meta das distintas etapas. A Volta, destinada a corredores das categorías Élite e Sub-23, disputarase en tres etapas, o día 24 Padrón-Negreira, o día 25 Rois-Rois e o día 26 Ribeira-Ribeira.

A presentación da proba contou coa participación do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que salientou o feito de que, ano tras ano, a carreira está a contar cun maior número de participantes. 

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón, agradeceu ó organismo provincial o seu apoio, xa que sen a súa axuda, esta actividade deportiva do máis alto nivel, non podería desenvolverse.

Pola súa banda o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, como anfitrión da saída e chegada da última etapa da Volta, desexoulle os maiores éxitos á carreira.

Protagonismo da comarca

A proba, que contará coa presenza de 15 equipos, seis deles galegos, percorrerá a práctica totalidade dos concellos da Barbanza.

Redacción Barbanza