A xustiza anula a concesión dunha licenza urbanística en Noia

 NOIA> A xustiza vén de dar a razón ós antigos edís nacionalistas do concello de Noia que presentaran un recurso contra a construción dun inmoble nun solar entre as rúas Cuba e República Arxentina.

{flowplayer}barbanza/sentenzalicenzanoia.flv{/flowplayer}

Dous anos despois da presentación do recurso contra a concesión desta licenza o xulgado do contencioso administrativo da Coruña vén de darlle a razón ós daquela integrantes do grupo municipal do BNG.

Os nacionalistas denunciaron sempre que o proxecto construtivo para un edificio neste solar vulneraba a normativa urbanística.

Agora coa sentenza na man esixen ó concello que obrigue a empresa a modificar o proxecto adaptándoo á normativa.

Dende Compromiso por Galiza, formación na que agora militan os ex concelleiros, apostan pola transparencia nas políticas urbanísitcas.

Redacción Barbanza