BOIRO> A asociación de xubilados de Boiro segue a reclamar unha residencia pública para o municipio. Segundo o colectivo a solicitude é unha necesidade vital, pola que levan pelexando dende hai máis de 20 anos. Segundo eles os sucesivos gobernos que pasaron polo Concello non fixeron nada por conseguila.
Cunha protesta simbólica e o despregamento dunha pancarta nos terreos municipais nos que estaba previsto que se construíse a residencia pública no municipio, na zona de Barraña, a asociación de xubilados de Boiro volveu a reclamar a construción desta infraestrutura para eles vital, pola que levan pelexando dende hai uns 20 anos.
Velo mostrouse crítico co actual executivo, que fai caso omiso a un acordo plenario de hai cinco anos no que se aprobou a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para acometer esta obra.
Dende a asociación de xubilados de Boiro critican tamén que o goberno local invista preto dos cinco millóns de euros na reforma da casa de cultura da Cachada en lugar de destinar estes fondos para a residencia.











