Ravella e Autoridade Portuaria, enfrontados novamente polo urbanismo

    VILAGARCÍA> Medra a fractura entre o concello de Vilagarcía e a Autoridade Portuaria. En rolda de prensa, o alcalde informaba dunha carta da presidenta do Porto na que solicitaba información sobre o estado dos trámites que permitirían construír un hotel no peirao de O Ramal. Unha posibilidade que Alberto Varela volveu rexeitar de pleno. Despois, Sagrario Franco acusábado de deslealdade institucional, e aseguraba que a Autoridade cumprira con todas as condicións que se puxeran para permitir a construción deste hotel. O urbanismo volve enfrontar a concello de Vilagarcía e Autoridade Portuaria. Alberto Varela oponse de pleno á construción dun hotel no peirao de O Ramal. Varela responde así publicamente a unha carta da presidenta do Porto interesándose pola paralización do PXOM. A modificación puntual do Plan Específico do Porto tería que ir paralela a este documento e, segundo Sagrario Franco, sería positiva para todos. A presidenta denuncia que o concello non respondeu a ningunha das súas solicitudes de información sobre o estado dos trámites. Recorda que no ano 1998 o goberno local asinara un convenio no que se comprometía a contemplar no PXOM o uso hoteleiro dar parcela Concha-Ramal. Por iso, acusa ao concello de falta de lealdade institucional. Franco tamén criticou as xestións realizadas por Varela no Senado para a apertura da desembocadura do río de O Con. Segundo a presidenta, a concesión da nave de Ramón Moral foi prorrogada en precario, pendente da posta en parcha deste proxecto para o río.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí