Emotiva homenaxe ó Alcalde Perpetuo Jorge Domínguez

     MEAÑO> Leal, incansable, honesto, solidario … foron algúns dos adxectivos empregados para recordar ó finado Jorge Domínguez, Alcalde Perpetuo de Meaño.

    {flowplayer}images/salnes/HOMENAXE_JORGE_DOMINGUEZ.flv{/flowplayer}
     
    Escoitáronse este domingo na emotiva homenaxe póstuma que se lle fixo na praza do Concello, ateigada de veciños e autoridades. Entre elas, a alcaldesa Lourdes Ucha, o presidente da Deputación e o conselleiro de Medio Ambiente.
     
    O acto comezou coa lectura do acordo plenario polo que se nomeou a Jorge Domínguez Alcalde Perpetuo de Meaño, título que logo se lle entregou á súa viúva Milagros Pérez, xunto cun volume no que se recolle a súa traxectoria como rexedor deste concello.
     
    Na homenaxe descubriuse un busto de Jorge Domínguez confeccionado polo seu amigo o escultor Lúcas Míguez. Unha sobriña do finado leu un poema da autora local Herminia Fariña e a tamén actuou a Banda de Música de Meaño.
     
    Redacción Salnés