Un libro e unha escultura en memoria do “Cego de Padrenda”

     MEAÑO> O día no que se cumprían 77 anos do seu falecemento presentouse un libro que lembra a figura deste músico ademais dun monolito esculpido por Lucas Míguez

    {flowplayer}images/salnes/PtacCegoPadrenda_200513.flv{/flowplayer} 

    Hai tempo que no concello de Meaño queríase homenaxear a Eugenio Padín “O Cego de Padrenda”. Un home nacido a mediados do século XIX, fillo de agricultores que quedouse cego por mor da viruela ós 18 anos e atopou na música, no seu acordeón e na súa zanfoña, un xeito digno de gañarse a vida. Fíxoo tocando durante anos ante a clase alta da sociedade daquel entón, na Illa da Toxa.

    O pasado venres cumpríanse 77 anos da súa morte, momento que se aproveitou para darlle cumprida homenaxe, nun acto no que participou o presidente provincial, Rafael Louzán. Tamén estiveron algún dos descendentes do Cego de Padrenda e tamén o autor do libro que agora será editado pola Deputación de Pontevedra, o xoven Manuel Paz Castro.

    Ademais desta publicación tamén se descubríu un monolito do creado polo escultor Lucas Míguez, no que se amosa unha estampa do persoeiro cos elementos que o caracterizaban: a zanfoña, o bastón e o seu sombreiro.

    Redacción Salnés