A Lotería Nacional deixa 120.000 ben repartidos en Vilagarcía

     VILAGARCIA> A Lotería Nacional deixou un segundo premio esta fin de semana en Vilagarcía: un total de 120.000 euros no número 13.015,…

    {flowplayer}images/salnes/premio_loteria.flv{/flowplayer}

    … vendido na Administración número 2 desta cidade, na céntrica rúa peonil Alcalde Rei Daviña. O certo é que neste caso a sorte estivo moi repartida posto que as participacións foron mercadas por varios veciños que levaban décadas xogando a este número, amais de 4 décimos en xanela. E é que en Vilagarcía parece que hai preferencia polos números considerados “raros”.

    Esta Administración da rúa peonil era hoxe un fervedoiro de curiosos que se achegaba a preguntar polo premio. Os afortunados xa viñeran antes, entre eles unha veciña de 93 anos que xa levaba media década xogando este número. Varios dos premiados xa contactaron ca administración para darlle as gracias, unha delas en forma de empanada. E é que esta non é a primeira vez que esta administración reparte a sorte entre os seus veciños.

    Ós que non lles tocou este premio anímaos a seguir xogando posto que, neste caso veuse, como o que a sigue a consigue. E é que tocar tocar, como asegura esta vilagarciá que xa colleitou varios premios. Eso si, a base de xogar a varias loterías cada semana.

    Redacción Salnés