Mouriño abandona como concelleiro e portavoz do BNG ribadumiense

    bng_riba_100.jpgRIBADUMIA> Ramón Mouriño Alfonso abandona o seu cargo de portavoz e concelleiro do BNG en Ribadumia. Tras 14 anos de actividade pública,…

    {flowplayer}images/salnes/280709_cambio_bng_ribadumia.flv{/flowplayer}

    … dez deles na política activa, Mouriño decide abandonar este posto de saída para ter máis tempo para os seus quefaceres profesionais. Mouriño deixa atrás unha década de traballo por Ribadumia da que salienta como momentos máis doces os recoñecementos dos veciños a súa labor. Entre os momentos máis difíciles no seu paso polo Concello, o nacionalista non dubida en sinalar a guerra cruzada de denuncias entre os independentes e o Partido Popular na que el se veu envolto.

    Nun futuro asegura que vai a seguir no seo de BNG pero xa con outras tarefas de caracter organizativo; nestes plans a curto prazo non figuran outras pretensións políticas a outros niveis ou tarefas públicas similares. Nesta despedida, o ata o de agora líder do Bloque en Ribadumia contou co respaldo dos seus compañeiros de partido, que sobrancearon del a súa coherencia como persoa e político.

    No seu cargo toma o relevo Luciano Martínez Fontán, quen xa figuraba nas primeiras listas cas que Mouriño se presentaba como alcaldable en Ribadumia. Martínez asegura que van a seguir na mesma liña de oposición, traballando polo pobo. O novo portavoz nacionalista en Ribadumia asegura que conta co respaldo unánime dos seus compañeiros de partido nesta nova andaina.

    Redacción Salnés