O mellor producto galego na LIII Festa do Marisco de O Grove

    O Grove> Na pasada noite daba o seu  pistoletazo de saída a quincuaxésima terceira edición da Festa do Marisco do Grove. Unha cita que se desenvolverá ata o día 16 de outubro e onde poderán atopar os mellores produtos das nosas rías a prezos populares. 

     

    Dende a pasada tarde ata o vindeiro 16 de setembro poderá desfrutar da quincuaxésima edición da Festa do Marisco en O Grove. Un espazo onde poderá desgustar os mellores productos da nosa terra aos prezos máis asequibles. Dende o Canal Rías Baixas quixemos facer unha parada ao mediodía para ver o ambiente que se respiraba nunha das suas carpas, a xente amosábase encantada con esta cita coa gastronomía. 

    E aínda que a carta onde poder elixir o producto que queremos é ben ampla os que visitan nestes días a Festa do Marisco aproveitan a ocasión para probar de todo un pouco. 

    Ata o día 16 de outubro terán a oportunidade de degustar o mellor producto da nosa terra elaborado e preparado con mimo e cariño para o desfrute de todos os visititantes desta Festa do Marisco do Grove. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/festa_marisco_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/07/festa_marisco.mp4{/flowplayer}