A lonxa de Ribeira leva preto dun mes sen auga salgada

     RIBEIRA> Á espera de que a futura lonxa sexa unha realidade, os usuarios da actual rula denuncian as deficiencias que presentan as instalacións. A última é o problema detectado no sistema de bombeo.

    {flowplayer}barbanza/avariabombeolonxa.flv{/flowplayer}
     
    Non é a primeira vez que se estraga o sistema de bombeo de auga salgada, aínda que desta volta a avaría prolóngase xa por preto dun mes. Esta situación fai que os usuarios da lonxa opten por carrexar auga salgada do mar en cubos ou mesturar auga doce con sal para lavar o peixe. Algo que podería ocasionar graves riscos sanitarios polo que dende a administración da lonxa desaconsellan esta práctica.
     
    Está previsto que na próxima semana se proceda á substitución das bombas que actualmente son inservibles debido á falla de mantemento. Este sistema levaba funcionando preto de dúas décadas polo que a súa reparación era practicamente imposible. Por este motivo dende a administración optaron por instalar dúas bombas de segunda man que darán servizo ata que estea operativa a nova lonxa.
     
    Dado os altos custos de mantemento deste sistema de bombeo estase a estudar a implantación dun canon compartido entre concello e usuarios.
     
    Redacción Barbanza