![]()
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra ven de presentar a modificación inicial do Plan Xeral de Ordenación Urbana para regular de forma…
{flowplayer}images/salnes/urbanismo_ponte_210513.flv{/flowplayer}
… definitiva a instalación de crematorios neste municipio. Esta modificación prohibirá a instalación de crematorios en tódalas zonas residencias do municipio e só poderá ubicarse en cemiterios existentes ou novos, polígonos industriais para industrias contaminantes ou chan rústico, sempre a unha distancia mínima de 50 metros; e neste último caso do solo rústico, previo informe dun Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións; amais de contar con tódolos informes favorables.
Este documento será remitido en breve á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para ver se precisa dun informe medioambiental. A partires de aí será levado a pleno para a súa aprobación. Un punto no que agarda que os grupos da oposición non fagan demagoxia.
Tras esta suposta aprobación inicial neste pleno, finalizaría o prazo de suspensión de licencias e comezaría un novo prazo de suspensión máxima de dous anos para as zonas nas que cambia a clasificación dos terreos.
Deste xeito, só podería saír adiante a proposta feita pola empresa Funespaña; proposta que conta co beneplácito do pleno municipal pontevedrés e carece de alegación veciñal algunha. As protestas do PP local non se fixeron de esperar.
Sen ter lido sequera o documento, Ricardo Aguilar criticou a proposta por entender que se trata dunha ordenación territorial á carta para favorecer a algunha empresa; namentres se deixa pasar o tempo ata as vindeiras eleccións municipais.
Redacción Salnés








