Ribeira busca fórmulas de colaboración con outras entidades para financiar o novo polígono

RIBEIRA> A Sociedade Empresarial do Atlántico realizará un estudo de viabilidade económica para contribuír ó financiamento do futuro polígono de Ribeira. Así se comprometeu a súa xerente, Beatriz Sestayo, nun recente encontro co alcalde de Ribeira.

A primeira reunión de traballo entre a xerencia de Solo Empresarial do Atlántico e o novo goberno de Ribeira concluíu cun compromiso por parte da sociedade estatal. Realizará un estudo de viabilidade técnico financeira para analizar as posibilidades de contribuír economicamente ó desenvolvemento de máis chan industrial.

O futuro polígono que, actualmente está a ser promovido exclusivamente pola administración local, implica un investimento próximo ós doce millóns de euros polo que o concello traballa na busca de fórmulas de colaboración con outras entidades.