“O PP fai política social en base a criterios económicos”

     PONTEVEDRA> A parlamentaria autonómica do PSOE Carmen Gallego criticou as políticas levadas a cabo polos goberno de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo en materia social.

    {flowplayer}images/salnes/PsdgRecortes_210513.flv{/flowplayer} 

    A parlamentaria autonómica Carmen Gallego e a Secretaria Provincial de Políticas Sociais do PSOE Margarita Castejón compareceron en rolda de prensa para criticar as políticas levadas a cabo polos goberno de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo en materia social. Aseguran que se están a tomar medidas simplemente baixo criterios económicos e nunca sociais. 

    Ambas responsables mantiveron unha xuntanza cos edís e responsables de políticas sociais do PSOE nos distintos concellos da provincia de Pontevedra. Nela criticouse o proxecto da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, que segundo os socialistas obrigará a reducir os servizos prestados ós cidadáns.

    Outro dos puntos a tratar foi a proxecto da Lei de Inclusión Social, levada ó Parlamento hoxe polos populares. Din dende o PSOE que afondará nas diferencias existentes entre pobres e ricos. Referíronse tamén á necesidade de garantir estes servizos máis se cadra nunha autonomía como a galega no que o preocupante envellecemento da poboación fai que moitos dos nosos maiores, sen recursos, corran o risco de ser excluídos socialmente.

    Redacción Salnés