A Fundación Celta volve a organizar un campus de verán en Dodro

    DODRO> A actividade, que se desenvolverá no campo municipal de Chenlo do tres ó dez de xullo, estará destinada a nenos de entre catro e dezaseis anos. Por segundo ano consecutivo, a Fundación Celta de Vigo desenvolverá o seu campus de verán en Dodro. A actividade, que se levará a cabo do 3 ó 10 de xullo no campo municipal de Chenlo, é froito do convenio asinado o pasado ano polo CD Dodro co conxunto celeste de cara a implantación de novos sistemas de traballo para un mellor desenvolvemento do fútbol base, non só no municipio senón tamén en toda a comarca. Segundo explicou a presidenta do Club anfitrión, Vanesa García Morillas, a experiencia está a resultar do máis enriquecedora para os pequenos. O campus terá lugar de luns a venres en horario de 10 a 2, agás o último día no que se prolongará ata a tarde. Está dirixido a rapaces de entre 4 e 16 anos e a metodoloxía contará con diversas áreas de traballo que serán impartidas por técnicos do propio club vigués. O prezo por participar é de 130 euros, cun desconto de 15 euros para os nenos do club. Inclúe entre outros conceptos unha equipación completa de Adidas. A inscrición xa se pode formalizar a través da páxina web www.fundacioncelta.com.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí