FEXDEGA dará a coñecer axencias de detectives e deseños bioclimáticos

    Este mércores dará comezo a 36 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA que se celebra, como cada ano, en Vilagarcía de Arousa. Ata o vindeiro domingo o recinto feiral vilagarcián será o escaparate de productos novidosos na zona.

    Axencias de detectives ou deseños de casas bioclimáticas serán algúns dos atractivos principais este ano na trixésimo sexta edición da Feira Multisectorial FEXDEGA.

    Empresas de seguridade ou arquitectura que incorporan ás súas construccións materiais illantes e ecolóxicos atoparán un oco entre mobles de deseño, innovadores sistemas de descanso, coches, equipamentos para cociñas, iluminación ou complementos entre moitos outros artigos.

    Dende a organización aseguran que a folga de transportes que se desenvolve estes días non repercutirá nesta edición da Feira na que, se ben obrigou a recomercializar espazos e impediu a chegada de mercancía dalgúns expositores, a imaxe do salón aparecerá chea de contidos.

    Redacción Salnés