Comeza en Cambados a rodaxe do spot da Volta Ciclista a España

     CAMBADOS> A Volta Ciclista a España ten este ano un innegable sabor galego; as Rías Baixas serán o seu punto de partida…

    {flowplayer}images/salnes/spot_oficial_volta.flv{/flowplayer}

     … o 24 de agosto e percorrerá en cinco etapas as catro provincias galegas. Un itinerario que aparecerá reflectido, a grandes rasgos, nos anunciou de autopromoción que emitirá Televisión Española en TVE 1, La Dos e Teledeporte durante os tres meses de verán.

    Esta mañá comezaban unha intensa xornada de rodaxe na emblemática Praza de Fefiñáns, en Cambados. Ó son da música de Carlos Núñez, poderemos ver neste spot os lugares máis representativos da xeografía galega, entre eles Cambados e Vilanova. Esta peza audiovisual de 40” venderá Galicia en todo o mundo.

    No aspecto deportivo confírmanse novas participacións, á espera de que Valverde e Contador se decidan finalmente a tomar parte nesta competición deportiva.

    En breve coñeceremos máis pormenores do paso desta Volta Ciclista a España polas Rías Baixas; concretamente presentarase o sistema no que estaba previsto a saída: unha batea en Vilanova.

    Redacción Salnés