O BNG da Pobra reclama o acondicionamento das áreas de lecer

     POBRA> O BNG presentou unha moción solicitando o acondicionamento das zonas de lecer do municipio. Os nacionalistas demandan un maior mantemento para evitar o deterioro de espazos emblemáticos.

    {flowplayer}barbanza/bngpobraespazoslecer.flv{/flowplayer}
    Os nacionalistas pobrenses consideran que as políticas que está a promover o goberno local non son as máis axeitadas para potenciar o turismo. A pesar da súa participación en feiras a nivel nacional e internacional critican o abandono de certos espazos de lecer.
    Praias e paseos
    Demandan tamén un mellor acondicionamento de praias como Os Raposiños ou a parte da Corna que corresponde ó concello da Pobra xa que ó recibir menos visitantes están moito máis abandonadas. O mesmo reclaman para os paseos e roteiros naturais invadidos pola maleza.
    Ademais destes espazos naturais, reclaman a limpeza das cunetas en moitas estrada. Actualmente, din, están invadidas pola maleza o que fai difícil o tránsito a pé por estas vías.
    Redacción Barbanza