Nove veterinarias realizarán esterilizacións a cans a metade de prezo

     CAMBADOS> Será posible grazas a unha campaña impulsada polo Refuxio de Cambados para combater o abandono de animais

    {flowplayer}images/salnes/ProxectoCustodiaAnimais_240513.flv{/flowplayer} 

    Despois do éxito dunha campaña similar realizada en Pontevedra, o Refuxio de Cambados impulsa a súa propia entre o 27 de maio e o 28 de xuño. Nove clínicas veterinarias do Salnés deixarán a metade de prezo a colocación do microchip e a esterilización de cans e gatos que sexan recollidos na rúa ou adoptados en canceiras e protectoras.

    Nesta iniciativa colaboran as clínicas vilagarcíans Don Can, Carril, A Xunqueira e San Miguel; de Vilanova de Arousa, Clínica Vilanova e San Miguel; de Cambados, Fefiñáns; de Sanxenxo a Clínica Portonovo e tamén a Clínica San Miguel de Ribadumia. Ademais participa o concello de Cambados, hoxe representado polo tenente alcalde Antonio Iglesias Pombo.

    Dende o Refuxio de Cambados volveron a facer unha chamada á cidadanía para concienciala sobre non abandonar animais. Aseguran que agora mesmo están desbordados cun gran número de cans ou moi vellos ou moi xóvenes.

    Redacción Salnés