O BNG en contra da ‘españolización’ que suporá a LOMCE

     BARBANZA> O BNG presentará mocións nos concellos da comarca esixindo a retirada da LOMCE. Á parte dos aspectos pedagóxicos, os nacionalistas denuncian a marxinación que suporá a norma para o galego

    {flowplayer}barbanza/bngretiradalomce.flv{/flowplayer}
     
    O BNG discrepa coa maioría dos puntos incluído na Lei Orgánica para a Mellora da calidade educativa. pero por riba de todos destacan a españolización do sistema educativo que suporía a aplicación desta norma xa que, din, relega por completo o uso do galego nas aulas.
     
    Esixirán a retirada da lei a través da presentación de mocións en tódolos concellos esixindo a administración que garanta a capacitación dos alumnos nas dúas linguas oficiais por igual.
     
    Denuncian a pasividade do goberno da Xunta ante o que supón unha invasión das súas competencias. Neste sentido, os gobernos autonómicos de Cataluña e País Vasco xa anunciaron a presentación dun recurso de inconstitucionalidade.
     
    Redacción Barbanza