O executivo muradán está a desenvolver reunións polas parroquias

    MUROS> A próxima cita será este domingo en Torea. Dando resposta a un compromiso recollido no seu programa de goberno, o novo executivo muradán está a desenvolver diversas reunións polas parroquias co fin de recoller as principais demandas e necesidades dos veciños. A primeira delas desenvolveuse hai uns días en Abelleira. Ademais doutras demandas, a alcaldesa interesouse tamén pola preocupación dos veciños desta parroquia pola necesidade de acometer a ampliación da estrada provincial que une o núcleo de Abelleira coas Paxareiras. A seguinte será este próximo domingo en Torea, á que lle seguirán posteriormente outras convocatorias polas distintas parroquias do concello.