“Este ano hai viño tinto dabondo e de moita calidade”

     RIBADUMIA> Segundo Salomé Peña, a escasa colleita non repercutirá negativamente na celebración da XLI Festa do Viño Tinto do Salnés

    {flowplayer}images/salnes/PtacTinto_240513.flv{/flowplayer} 

    A Festa do viño Tinto do Salnés, do Barrantes, chega a súa edición número 41 máis viva ca nunca. Esta mañá foi presentada en Ribadumia, nas adegas Luís Amable, en presenza da alcaldesa Salomé Peña. Os expertos destacan que aínda que a colleita deste ano foi escasa, iso non repercutirá na cantidade de viño dispoñibles nos stands.

    Os actos da festa arrancarán o martes coa celebración das precatas dos viños tintos. Este ano presentáronse ó concurso 200 tintos Barrantes e 30 autóctonos. A apertura dos stands realizarase o venres á unha da tarde aínda que o día grande será coma sempre o sábado, coa recepción de autoridades, a cata final, a lectura do pregón a cargo do humorista Pepo Suevos e o acto de investidura dos Valedores do Viño Tinto do Salnés, este ano para o pintor Abel Baranda, o colleiteiro Juan Carro, a restauradora Rosa Díaz e a fotógrafa Mónica Irago.

    Ás 14:30 dará comezo a comida oficial no Pavillón de Barrantes onde posteriormente se fará entrega dos premios ós mellores tintos.

    Os actos centrais da festa virán acompañados doutras actividades dirixidas a nenos e maiores, como a Festa Infantil, a Festa da Espuma ou a Ruta BTTinto, que terá lugar o domingo pola mañá. Tampouco faltará a música coa actuación de varios grupos de gaitas e baile así como as orquestras na Carballeira de Barrantes, entre eles a Panorama, que porá o broche de ouro á festa ás once da noite do domingo.

    Redacción Salnés