![]()
RIBEIRA> A Asociación AMICOS do Barbanza, que presta atención ás persoas con discapacidade, está a realizar unha campaña de recadación de fondos para a posta en marcha da súa residencia.
{flowplayer}barbanza/campanhafogaramicos.flv{/flowplayer}
David é a imaxe principal da campaña Fogar Amicos e o exemplo perfecto da necesidade de poñer en marcha a residencia para persoas con discapacidade que se está a construír en Comoxo. Con este obxectivo a asociación vén de lanzar unha campaña, dirixida ás empresas pero tamén á poboación en xeral, para recadar os cincuenta e cinco mil euros necesarios para equipar o futuro centro residencial.
A campaña componse dunha serie de vídeos nos que os usuarios da entidade, afectados por unha discapacidade, solicitan a colaboración cidadá para construír o seu fogar. un fogar no que poidan vivir en condicións dignas e coa atención que requiren cando os seus familiares falten.
Captación de socios
Na actualidade, AMICOS conta con oitenta usuarios pero cada vez son máis as demandas de asistencia. É por iso que a entidade precisa da colaboración de todos para seguir a prestar este servizo fundamental na sociedade.
Nas próximas semanas instalaranse mesas informativas en tódolos concellos, acompañadas de cartelería e dípticos informativos. Os interesados en colaborar poden achegar donativos puntuais ou facerse socios dende cinco euros ó mes. Se aínda non o teñen claro poden botar unha ollada á web www.fogaramicos.org.
De seguro que tras escoitar as razóns de David e os seus compañeiros non lles caberá ningunha dúbida.
Redacción Barbanza








