Galicia e Latinoamérica estreitan lazos no Gaiás

     SANTIAGO> O Conselleiro de Cultura inaugurou a mostra ‘Orinoco, viaxe a un mundo perdido’ que se poderá visita no Museo Centro Gaiás ata o 12de xaneiro de 2014.

    {flowplayer}barbanza/exposicionorinoco.flv{/flowplayer}

    ‘Orinoco, viaxe a un mundo perdido’ constitúe unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes de todo o mundo. Tralo seu periplo por toda Europa agora recala por primeira vez en España cunha espectacular montaxe no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura.

    A mostra constitúe unha homenaxe ás doce culturas indíxenas que habitan á beira do Orinoco a través de máis de mil pezas que retratan as súas tradicións e formas de vida, así como un arquivo fotográfico e sonoro. Un inmenso patrimonio recompilado pola Fundación Cisneros que veu no Gaiás o espazo idóneo para expoñer por primeira vez a colección ó completo.

    'Espazo de concordia'

    O Conselleiro de Cultura quixo agradecer ós responsables da fundación o feito de ter elixido a cidade da cultura, un punto de encontro do máis acaído para seguir a estreitar lazos entre Galicia e Latinoamérica. — 

    Da magnitude desta exposición dan idea os sete ambientes nos que se dividen as tras plantas do museo; dende máscaras, útiles de pesca ata elementos rituais usados nas súas celebracións.

    Culturas fluviais

    Tamén hai espazo para os vínculos con Galicia a través dunha pequena mostra etnográfica sobre a vida ó redor dos ríos, elaborada polo historiador Alejandro de Arce.

    En conxunto, un retrato irrepetible das culturas fluviais ó longo do tempo que se poderá visitar de balde ata este domingo. A partir de entón a entrada terá un custo xeral de catro euros, a metade para determinados colectivos. Os menores, xubilados e desempregados terán entrada de balde e tódolos mércores será xornada de portas abertas.

    Redacción Barbanza