RIANXO> Rianxo acollía esta pasada fin de semana a ruta Máis que Tapas, que organiza a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa.
Despois do éxito da primeira xornada, celebrada a fin de semana anterior en Boiro, a proposta chegaba a vila rianxeira co mesmo obxectivo, tratar de chegar ó maior número de público e disfrutar coa exaltación do produto local.
Na iniciativa participaron un total de sete locais hostaleiros: Guadalupe, R7, Costillar, Refugio, Casa Isolina, Castelao e O Vilar.
En todos eles, ademais das tapas puidéronse degustar os viños pertencentes a indicación xeográfica Terras do Barbanza e Iria, cuxas adegas tamén colaboran con esta ruta de tapas.
A próxima cita será a vindeira fin de semana en Ribeira, para rematar a seguinte na Pobra.











